publicidade hoxe

A Xunta destina 22.000 euros a melloras en seguridade viaria nas rías de Vigo de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueuLocal PortadaPontevedra
A-
A+

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ten previstas obras de reforzo da seguridade viaria por importe de 22.000 euros en diversos peiraos das rías de Vigo e Pontevedra. Así o destacou esta semana o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita a Beluso, no municipio de Bueu, un dos portos beneficiarios destas actuacións.

Durán Hermida explicou que o seu departamento está a executar melloras na sinalización horizontal dos peiraos de Beluso, Bueu, Corbaceiras, Aguete, Aldán, Moaña, Meira, Domaio, San Adrián e Santa Cristina de Cobres. Estas actuacións atópanse xa en execución en varios casos e os restantes executaranse nas vindeiras semanas. En concreto as actuacións consistirán na limpeza e repintado da sinalización así como a delimitación de zonas de aparcadoiro e demais incidencias para o tránsito rodado. No caso de Beluso repintaranse 220 metros cadrados de superficie, 75 unidades de aparcadoiro e preto de 900 metros lineais de sinalizacións lonxitudinais.

10 de maio de 2018 | 15:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.