publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal en Maside

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMasidePortada dereitaSucesos
A-
A+

A Policía Autonómica de Ourense vén de esclarecer un incendio que tivo lugar no concello ourensán de Maside.

Axentes do grupo de incendios forestais investigaron a un veciño como presunto autor deste lume forestal, que se produciu no lugar de Garabás o pasado 2 de maio.

O lume orixinouse por culpa do escape dunha queima que se realizou na finca e para a que non se adoptaron as medidas de seguridade indicadas. O incendio afectou 0,01 hectáreas de monte raso. Polos feitos, remitíronse dilixencias ao Xulgado de Instrución de Garda do Carballiño.

No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas a un total de 19 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

8 de maio de 2018 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.