publicidade hoxe

A mostra de viños da Ribeira Sacra de Pantón celebra a súa 25 edición

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocal PortadaLugoLugoPantón
A-
A+
Presentación da mostra

Presentación da mostra

A localidade de Castro en Ferreira de Pantón celebra esta fin de semana -12 e 13 de maio- a Mostra de Viños da Ribeira Sacra, unha cita de exaltación vitícola que este ano cumpre a súa 25 edición e, na que participarán oito adegas da localidade amparadas por esta prestixiosa denominación de orixe.

Ademais das variadas actuacións musicais que acompañan á tradicional degustación de caldos no recinto feiral, a cita complétase cunha nova edición da Festa da empanada e produtos da terra, e coa proposta de rotas culturais polo patrimonio románico da localidade (que se desenvolverán con distintas actividades ata o mes de xuño) e que buscan poñer de relevo a importancia que a produción de viño tiña nos mosteiros da zona.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, serviu anfitrión na presentación deste evento, que contou coas intervencións do alcalde da localidade, José Luís Álvarez, do concelleiro, Javier González e do técnico municipal, Roberto Eiros.

10 de maio de 2018 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.