publicidade hoxe

Xunta e Farmamundi colaboran na atención sanitaria da poboación etíope refuxiada en Nairobi

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorPortada dereita
A-
A+

A Xunta de Galicia, en colaboración coa ONGD Farmamundi, activou unha resposta de emerxencia atender a poboación etíope en Nairobi. O custo da intervención é de case 9.000 euros.

Co obxectivo de alcanzar a un maior número de poboación refuxiada, prevese a articulación dun dispositivo móbil de asistencia que se ten previsto atenda a un mínimo de 1.000 persoas, mulleres e menores de 5 anos, que incluirán probas de VIH e malaria, control del azucre en sangue, control nutricional e inmunización de nenos/as, atención prenatal, planificación familiar, servizo de terapia e de administración de medicamentos para aqueles pacientes que requiran dun tratamento específico. Seu carácter móbil virá a facilitar o acceso da poboación refuxiada aos servizos de saúde, evitando a asunción de custos asociados ao desprazamento.

A presente intervención localízase no asentamento l de Eastleigh South, no barrio de Eastliegh, sub-condado de Kamukumji, condado de Nairobi, Kenia, un dos principais asentamentos da poboación refuxiada, maioritariamente procedente de Somalia e ultimamente de Etiopía, que fuxe da situación de violencia e inseguridade que persiste nos países da rexión, pero tamén polas penosas condicións de vida e seguridade nos campos de refuxiados keniatas, concretamente no de Dadaab en relación ao cal emitiuse unha orde de peche. En marzo de 2018 arredor de 10.000 refuxiados etíopes, segundo as primeiras estimacións de ACNUR, buscaron protección en Kenia fuxindo da violencia desatada no sur do país, asentándose especialmente en la Nairobi.

Colaborando desde 2009

Esta actuación súmase a outras que Xunta e Farmamundi realizan conxuntamente dende o ano 2009 no marco dos nove convenios de colaboración asinados para atender as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humano.

O obxecto destes convenios é o de realizar as actuacións que ambas partes acorden, de cara a atender as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humano, con especial énfase nos colectivos máis vulnerables, mediante a provisión inmediata de bens e servizos esenciais para a supervivencia (auga, abrigo, medicamentos, atención sanitaria ou outro material de primeira necesidade) e paliar o sufrimento das poboacións afectadas por crises de longa duración e desequilibrios crónicos e estruturais, con énfase en países e poboacións de menor Índice de Desenvolvemento Humano (IDH).

O convenio de colaboración actívase cada vez que acontece unha emerxencia, previa negociación e solicitude por parte de Farmamundi. A activación destes convenios nos anos anteriores permitiu dar resposta inmediata e coordinada coa Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), e o sistema das Nacións Unidas, a diferentes emerxencias acaecidas, entre elas: os tifóns Ketsana e Haiyan en Filipinas, o furacán Ida no Salvador, o terremoto e a epidemia de cólera en Haití, a crise humanitaria en Somalia e República Democrática do Congo, as emerxencias por causa da choivas no Salvador e Nicaragua, a crise alimentaria no Sahel ou o conflito en Siria.

4 de abril de 2018 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.