publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os Gardacostas requisan 200 quilos de ourizo e unha embarcación nun control contra o furtivismo na ría de Ares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, comisaron onte 200 quilos de ourizo e unha embarcación de recreo na zona de Punta San Amade, na ría de Ares. Ademais requisaron un traxe de neopreno, unha botella de osíxeno e unhas aletas.

Toda a mercadoría estaba sen identificar. Este operativo enmárcase no conxunto dos controis que efectúa diariamente o Servizo de Gardacostas para evitar a extracción e comercialización ilegal de produtos pesqueiros e marisqueiros.

24 de abril de 2018 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.