publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Rural e o Concello de Vilarmaior estudan a posibilidade de acondicionar unha ponte sobre o río Baxoi

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilarmaior
A-
A+

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse esta mañá na Coruña co alcalde de Vilarmaior, Carlos Vázquez, para coñecer de primeira man as necesidades e demandas dos veciños deste municipio coruñés no relativo ao agro.

Entre os asuntos tratados, destaca a posibilidade de acondicionar unha ponte sobre o río Baxoi a través da liña de Plan de Infraestruturas Rurais (PIR), que o ano pasado contou cunha dotación orzamentaria de 4,7 millóns de euros. Esta liña financia a mellora de infraestruturas situadas no rural galego que precisan dunha mellora estrutural para que os veciños poidan seguir empregando ditas instalacións.

18 de abril de 2018 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.