publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Rural achega unha pértega e dous traxes ao concello de Irixoa para a loita contra a vespa velutina

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaIrixoa
A-
A+

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, entregou esta mañá ao concello de Irixoa dous equipos de protección individual e unha pértega para a loita contra a vespa velutina, logo de adherirse como concello colaborador ao Plan de vixilancia e control que puxo en marcha este departamento autonómico.

Deste xeito, o plan pasa a contar con 115 municipios que colaboran coa Administración autonómica na retirada dos niños deste insecto invasor. Destes, 47 son da provincia da Coruña, 13 de Lugo, 22 de Ourense e 33 de Pontevedra. Pola súa parte, o departamento que dirixe Ángeles Vázquez actúa en 63 concellos, mentres que a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio o fai en 21 municipios. Nos restantes é competencia da Vicepresidencie e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (a través dos grupos de emerxencia supramunicipais).

Ao longo deste ano 2018 distribuíronse 8 equipos de protección individual, que se suman aos 468 facilitados entre 2017 e 2016; un total de 4 pértegas, que complementan as 122 facilitadas os dous anos anteriores. Doutra banda, esta primavera fíxoselle entrega aos apicultores 2.467 trampas, 5.404 botes e 40.782 monodoses de líquido atraente, co obxecto de capturas as raíñas que saen da hibernación e impedir a formación de novos niños, que se suman ás 10.800 trampas e doses distribuídas nos anos 2015, 2016 e 2017.

Balance niños retirados

Durante o presente ano retiráronse ou inactiváronse 1.063 niños en toda Galicia. Deste total, 597 foron na provincia da Coruña, 342 na de Pontevedra, seguida da de Ourense con 86 e finalmente Lugo con 38 niños. Dende que se puxo en marcha este plan de loita, elimináronse 40.713 niños na nosa comunidade.

9 de abril de 2018 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.