publicidade hoxe

Medio Rural achega 75.000 euros ao concello de Carballedo para acondicionar os camiños municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballedoLocal Portada
A-
A+

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse esta mañá en San Caetano co alcalde de Carballedo, Julio Yebra-Pimentel, para coñecer de primeira man as necesidades e demandas dos veciños deste concello lugués relativas ao agro. Neste senso, analizaron as actuacións actuais en materia de mellora das infraestruturas viarias deste municipio.

Así, nos últimos dous anos o departamento que dirixe Ángeles Vázquez investiu uns 170.000 euros no arranxo dos camiños municipais, sendo a contía para este ano dun total de 75.020 euros. Grazas a estas achegas, salientou a conselleira, mellórase a comunicación viaria, o que redunda no fluído dos movementos das producións da zona e mellora a calidade de vida dos propios veciños.

12 de abril de 2018 | 16:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.