publicidade hoxe

Luis Menor destaca que a centralización das probas selectivas da Policía Local contribuirá a asegurar a cobertura de prazas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor destacou hoxe que o acordo que permite centralizar as probas selectivas dos corpos da Policía Local de Galicia na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) contribuirá a asegurar a cobertura de prazas, ao tempo que favorecerá a calidade deste proceso ao dispoñer dun mesmo temario e formación.

O director xeral de Emerxencias e Interior asistiu en Cáceres ao XXII Encontro Nacional de responsables autonómicos de Coordinación e Formación, ao que acudiron representantes de 15 comunidades autónomas, e onde foron abordados temas coma as convocatorias de acceso á Policía Local, os contidos dos cursos de novo ingreso e promoción interna e as competencias profesionais entre outros temas.

Luis Menor presentou o modelo galego, pioneiro, de coordinación global da formación entendido dende a selección do persoal ata o seu nomeamento como funcionarios de carreira, e a súa formación continua e de especialización e avanzou que este ano 48 concellos delegaron a competencia da selección de persoal dos corpos da Policía Local na Xunta e está en marcha o proceso de selección de 109 prazas de auxiliar de policía local.

Ase mesmo, explicou o funcionamento da AGASP, describindo toda a formación que se imparte dende os ámbitos da seguridade pública e das emerxencias, confluíndo no mesmo lugar todos os profesionais e acadando cotas moi altas de satisfacción na coordinación de eventos e na xestión das emerxencias.

18 de abril de 2018 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.