publicidade hoxe

Escritores e fotógrafos reflicten nunha mostra na biblioteca González Garcés o traballo diario da asociación Aspanais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+

Un total de 16 fotógrafos e 31 escritores visitaron os talleres que a Asociación ASPANAIS de Pais e Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual ten en Lugo. Froito desta iniciativa xurdiu unha exposición de imaxe e texto que conmemora o 50 aniversario da entidade. Esta mostra, que estará exposta na Biblioteca Pública González Garcés de A Coruña ata o 10 de maio, foi inaugurada hoxe polo delegado territorial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro. Neste acto, o delegado agradeceu a aportación desinteresada dos fotógrafos e escritores nesta iniciativa solidaria, “que nos permite contemplar dende outra perspectiva o gran traballo que realizan os socios, profesionais e, sobre todo, os usuarios de ASPANAIS.”

Na exposición figuran dúas obras de cada un dos seguintes fotógrafos: Alberto López, Fernando Gago, Gerardo Lozano, Germán Limeres, Inma Purriños, Julio Leira Sanmartín, María Victoria Fernández, Eduardo Rodríguez Ochoa, Óscar Cela, Peter Schneider, Xosé Manuel Otero Castro, Yolanda Purriños, Alvez, José Reigosa, J. Vazquez E Sebas Senande.

Cada obra vai acompañada dun texto literario aportado polos seguintes autores: Helena Villar Janeiro, Xose Lois García, Carlos López Fernández, Xosé Otero Canto, Felipe Arias Vilas, Xoán Xosé Fernández Abella, Antonio Reigosa, Xosé María Gómez Vilabella, Francisco Javier Neira Pampín, Germán García Mera, José Luis Durán Mariño, Xoán Neira, Martiño Maseda, Marica Campo, Carmen Blanco, Luis Latorre, Xulio Vacárcel, Eloi Caldeiro, María Xosé Lamas, Francisco Piñeiro González, Iago Santalla, Paco Martín, Manuel Xosé Neira, Alfonso Blanco Torrado, Ana Isabel Rodríguez, Baldomero Iglesias Dobarrio-Mero, Toño Nuñez, Manuel Regal Ledo, Henrique Alvarellos, Benjamín Santín Carballada e Adolfo De Abel Vilela.

Esta iniciativa forma parte da programación que conmemora o mes do Libro 2018, onde desde o 7 ata o 28 de abril os usuarios desta biblioteca pública poderán gozar dunha gran variedade de actividades como exposicións bibliográficas, obras de teatro, talleres, encontros con escritores, visitas guiadas, ou contacontos adaptados á linguaxe de signos.

A biblioteca pública González Garcés consolídase como un dos referentes da vida cultural na cidade. En 2017 realizou máis de 140.000 préstamos a preto de 230.000 usuarios e organizou un total de 246 actividades entre promoción da lectura, formación e aprendizaxe, exposicións e obradoiros culturais, ás que asistiron 22.600 persoas.

11 de abril de 2018 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.