publicidade hoxe

Cores Tourís comproba o inicio das obras de soterramento da liña de alta tensión de Monteporreiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraPontevedra
A-
A+
Cores Tourís na visita a Monteporreiro

Cores Tourís na visita a Monteporreiro

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá, acompañado de responsables de Unión Fenosa Distribución e do concello de Pontevedra, o inicio das obras de soterramento da liña de alta tensión de Monteporreiro.

De feito, na visita, o delegado territorial estivo acompañado polo director de Unión Fenosa Distribución en Galicia, Julio Gonzalo, así como polo delegado da compañía da provincia, Juan José Coiradas, os concelleiros pontevedreses Demetrio Gómez e Alberte Oubiña, así como o xefe territorial de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial.

José Manuel Cores Tourís matizou que aínda que hoxe sexa o día no que comecen as máquinas a traballar, a compañía leva xa desenvolvendo labores de preparación destas obras dende finais do pasado mes de marzo. “Este proxecto permitirá desmontar, antes de finais de ano, dez torres de alta tensión e 1.525 metros de liña aérea que, actualmente, cruzan a zona urbana de Monteporreiro”, engadiu o delegado territorial, quen agradeceu á empresa a “súa implicación, xa que ampliaron e melloraron o proxecto inicial, o que permitirá dar cumprimento ao compromiso cos veciños deste barrio e retirar as torres de alta tensión”.

Deste xeito, Unión Fenosa Distribución, filial de distribución eléctrica de Gas Natural Fenosa, investirá neste proxecto 1,5 millóns de euros para soterrar esta LAT de doble circuito 66kV Tibo Mourente, que vai dende a subestación de Mourente al río Lérez. As obras permitirán realizar a canalización subterránea de aproximadamente 2.000 metros, dos cales 634 xa foron executados polo concello de Pontevedra en virtude dun convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria, Unión Fenosa Distribución e o Goberno local.

Os traballos, que forman parte do plan de investimentos da compañía eléctrica 2018-2020 na provincia de Pontevedra, contan cun prazo de execución de uns nove meses, de xeito que, segundo informou Julio Gonzalo, a próxima semana abrirase a nova gabia para completar a canalización existente que podería estar lista a finais de setembro, pasándose o servizo aéreo ao subterráneo cando remate o ano. No mes de xaneiro retiraranse as torres existentes.

Unión Fenosa Distribución da servizo a máis de 1,5 millóns de puntos de subministro en 286 concellos de las catro provincias galegas a través dunha rede de máis de 58.500 quilómetros de liñas de alta, media e baixa tensión. A distribuidora eléctrica investiu preto de 390 millóns de euros en Galicia dende 2015 a 2018 para reforzar a súa rede e mellorar a calidade do subministración.

12 de abril de 2018 | 16:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.