publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Agadic convoca 450.000 euros en axudas á distribución de espectáculos e promoción exterior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dotou con 450.000 euros a nova convocatoria de subvencións ás actividades de distribución para as industrias culturais, que publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG). Esta contía supón un incremento de 15.000 euros respecto a 2017, mantendo así a liña ascendente que vén describindo o seu orzamento nos últimos anos.

A través deste apoio, a Xunta contribúe á exhibición de espectáculos galegos profesionais fóra da nosa Comunidade, así como á promoción exterior dos nosos produtos culturais en mercados e feiras de carácter internacional. A súa finalidade é favorecer a internacionalización das nosas industrias culturais cofinanciando os gastos que asumen as empresas á hora de buscar unha maior proxección do seu traballo e dos seus produtos.

Por exemplo, as axudas de 2017 destináronse a máis de 600 concertos, actuacións escénicas e accións promocionais en 24 países dos cinco continentes, así como en diferentes localidades españolas. Mediante a súa cuarta modalidade, colaborouse ademais coas xiras de diferentes espectáculos escénicos galegos pola nosa Comunidade.

Prazo de solicitude

O prazo de solicitude desta convocatoria, inserida dentro do programa xeral de axudas da Agadic ás industrias culturais, esténdese desde mañá e ata o vindeiro 31 de xullo para aquelas actividades desenvolvidas entre o 1 de novembro de 2017 e o 31 de outubro de 2018. A súa concesión é automática e realízase por orde de entrada, atendendo todas aquelas solicitudes que reúnan os requisitos esixidos ata finalizar o prazo ou, no seu caso, ata o esgotamento do orzamento de 450.000 euros.

Mantense, como en anos anteriores, a clasificación destas subvencións en catro modalidades. As tres primeiras delas, para as que se reservan 350.000 euros, están dirixidas a accións que se realicen fóra de Galicia (distribución de espectáculos escénicos e musicais, representación de espectáculos de artes escénicas e de música en feiras e festivais, e asistencia a feiras e mercados culturais), mentres que a cuarta destínase a apoiar proxectos de distribución escénica dentro da nosa Comunidade.

Neste último caso, as axudas diríxense a representacións que se desenvolvan en espazos que non pertenzan á Rede Galega de Teatros e Auditorios, o circuíto cofinaciado pola Agadic e as entidades xestoras de máis de 40 escenarios asociados. Deste xeito, búscase favorecer unha maior descentralización da oferta escénica na nosa Comunidade para chegar ao maior número posible de cidadáns.

4 de abril de 2018 | 16:18 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario