publicidade hoxe

A XXVII edición da Festa da Filloa celebrarase o 1 de maio en Muimenta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeitoLocal PortadaLugo
A-
A+
Presentación da Festa da Filloa de Muimenta

Presentación da Festa da Filloa de Muimenta

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación da XXVII edición da Festa da Filloa, que se celebrará o vindeiro día 1 de maio no recinto feiral Manuel Vila de Muimenta (Cospeito).

A partir das 9 da mañá entrarán no recinto as fiolleiras e fiolleiros xunto cos demais cociñeiros e o persoal que traballará durante a xornada, que os organizadores estiman en 200 persoas. Tamén apuntaron que na última edición distribuíronse arredor de 17.000 filloas. A inauguración oficial celebrarase ás 13.30 horas e o pregón correrá a cargo do coñecido chef Héctor López.

Como novidade, a festa recupera como actividades complementarias a exposición de cans de caza, o propio sábado, no recinto feiral, incluído unha exhibición de agility esa mesma tarde e, xa o venres día 11, a Casa da Cultura de Muimenta, acollerá tamén o monólogo de Luís Iglesia, a partir das 22 horas, baixo o título Un pouco de tolo.

Dáse a circunstancia de que este ano a cita celebra o décimo aniversario do seu recoñecemento como polo Consello da Xunta como festa de interese turístico de Galicia e, polo tanto, como unha das celebracións máis destacadas desde o punto de vista gastronómico e turístico da provincia e, en particular, da Terra Chá.

No acto de presentación participaron o delegado territorial, José Manuel Balseiro; o alcalde de Cospeito, Armando Castosa; José Manuel Rus, xerente da Moexmu, e varios representantes da comisión organizadora co seu presidente, Celestino Méndez, á cabeza.

26 de abril de 2018 | 16:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.