publicidade hoxe

A Xunta seleccionou aos adxudicatarios, mediante sorteo, de vivendas de promoción pública no Concello de Santiago

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro Tato, acudiu esta mañá ao sorteo de sete vivendas propiedade do IGVS da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situadas no barrio compostelá de Belvís. Trátase de sete vivendas da mesma promoción con rocho e garaxe.

O sorteo, realizado ante notario e en presenza do xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, José Antonio Álvarez, tiña por obxecto determinar os adxudicatarios provisionais das vivendas destinadas aos inscritos no Rexistro oficial de demandantes de vivendas publicas, que deben ter entre 18 e 35 anos. Ovidio Rodeiro destacou que “a Xunta aposta por facilitar o acceso a vivendas aos colectivos con maiores dificultades. Neste caso concreto posibilitamos que os máis novos poidan ter acceso a un piso en réxime de aluguer cun contrato por 5 anos prorrogables por períodos anuais”. Aproveitou para lembrar que as vivendas atópanse na cidade histórica de Santiago de Compostela nun espazo privilexiado rodeado de zonas verdes.

24 de abril de 2018 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.