publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta participa na constitución da mesa local de coordinación contra a violencia de xénero de Muros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMuros
A-
A+
Susana López Abella na mesa local de coordinación

Susana López Abella na mesa local de coordinación

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu á constitución da mesa local de coordinación contra a violencia do Concello de Muros.

Susana López Abella indicou que é necesario que a coordinación se estenda tamén ao ámbito municipal, favorecendo medidas a través da posta en marcha e dinamización no marco destas Mesas Locais de Coordinación contra a Violencia de Xénero nos municipios de Galicia, como instrumentos para optimizar a cooperación de todas as entidades implicadas neste obxectivo común, para incrementar o grao e a calidade da coordinación institucional por parte das administracións locais e autonómica, para contribuír a optimizar a accesibilidade aos recursos e as prestacións dos servizos de atención ás mulleres afectadas por situacións de violencia de xénero.

López Abella destacou que compete aos poderes públicos a loita para a prevención e a erradicación da violencia de xénero, coa obriga de articular medidas de sensibilización, asesoramento, atención e protección ás mulleres que a sofren, procurando os medios efectivos e axeitados a cada caso e as alternativas para o exercicio dos seus dereitos como cidadás nun estado democrático. Polo tanto,resulta fundamental coordinar todos os recursos dirixidos a sensibilizar a toda a sociedade na loita e prevención da violencia de xénero.

24 de abril de 2018 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.