publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta inviste 17.500 euros na reparación da fachada e o traslado do salón de actos no CEIP da Ribeira en O Porriño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO Porriño
A-
A+

As obras que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acomete no CEIP da Ribeira en O Porriño encaran a súa recta final. Así o informou hoxe o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, que comprobou de primeira man os traballos realizados no centro escolar.

Esta actuación, que vén a corrixir o alombamento nunha viga na cara oeste do edificio e que afectou ao antigo salón de actos, supón un investimento de preto de 17.500 euros tal e como sinalou o representante autonómico durante a visita.

Acompañado polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, César Pérez, e parte da directiva do centro de escolar, López-Chaves salientou a axilidade nos prazos de execución das obras, que estarán finalizadas un mes antes do previsto. Pola súa banda, a dirección do centro mostrouse moi agradecida pola rapidez coa que se actuou.

Coincidindo coa volta ás clases tralo nadal, detectouse no salón de actos do CEIP da Ribeira a fractura e descolgamento do caixeado de escaiola pegado ao cerramento e da primeira liña do falso teito. Descartados danos colaterais no resto do edificio, a estancia quedou clausurada de xeito inmediato e iniciándose os trámites para o seu arranxo.

Os traballos consistiron na desmontaxe da liña de falsos teitos, así coma do caixeado de escaiola e a demolición da folla interior do peche da fachada, e a súa posterior reconstrución. Ao mesmo tempo, adoptouse dividir o antigo salón de actos en dúas aulas e trasladar este espazo á planta baixa, onde estaban localizadas as aulas de psicomotricidade e a ludoteca, demolendo o tabique divisorio.

19 de abril de 2018 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.