publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta investiu 90.000 euros na Fonsagrada para adquisición de equipamento destinado a labores ambientais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA FonsagradaLocal Portada
A-
A+

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou hoxe o concello lucense da Fonsagrada, onde o Goberno galego ao abeiro da liña do Fondo de Compensación Ambiental, destinou máis de 91.000 euros para equipamentos destinados a labores ambientais.

Alfonso Rueda, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro e polo alcalde da localidade, Argelio Fernández Queipo, indicou que este concello é un bo exemplo dos bos resultados que se obteñen da colaboración entre administracións, especialmente no caso dos concellos, que son os mellores coñecedores das necesidades dos seus veciños e veciñas.

Concretamente, este concello adquiriu grazas a estas axudas, un xerador eléctrico; un camión; e dous vehículos 4×4 que, ademais dos traballos medio ambientais, poden servir tamén para a protección das persoas nos casos nos que se produza algunha incidencia. En anos pasados, a través desta mesma liña, adquiriron unha motoniveladora, un camión de mantemento invernal e mellorouse a captación de auga e da depuradora.

O Fondo de Compensación Ambiental, unha iniciativa posta en marcha no ano 2010 e que permitiu que por vez primeira os concellos galegos puideran beneficiarse directamente da explotacións eólicas, posto que as actuacións que se realizan son financiadas a través do canon eólico.

Ao abeiro destas axudas, o ano pasado na liña non competitiva concedéronse subvencións a 112 concellos para a execución doutros tantos proxectos que incluían investimentos e/ou gastos de funcionamento. Na liña competitiva concedéronse 104 subvencións para o desenvolvemento de proxectos ambientais, que foron 7 mancomunidades de concellos, 2 consorcios locais, 77 concellos e 18 agrupacións ou asociacións de concellos, que reúnen un total de 42 concellos.

Este ano, o orzamento do Fondo de Compensación Ambiental, así como da Orde de Infraestruturas -tamén dirixida a concellos-, supera entre ambas os 13 millóns de euros.

23 de abril de 2018 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.