publicidade hoxe

A Xunta entrega os premios do primeiro concurso de carteis do Día Internacional da Muller

Susana López Abella na entrega de premios

Susana López Abella na entrega de premios

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou esta mañá na entrega dos premios do I concurso para o deseño do cartel do 8 de marzo, Día Internacional da Muller aos centros educativos gañadores.

Susana López Abella indicou que o obxecto do concurso,no que participaron 44 centros galegos, foi fomentar a promoción da igualdade dentro dos centros educativos de Galicia, a través dunha acción que visibilizase a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promovese a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade, as causas e a orixe da discriminación de xénero así como o camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos.

O cartel gañador do concurso escolar protagonizou a campaña institucional da Xunta con motivo do 8 de marzo Día Internacional da Muller, sendo os gañadores os alumnos e alumnas de 4º de Educación Secundaria Val do Asma de Chantada. Foron tamén premiadoso IES Salvador de Madariaga de A Coruña, o IES Marco de Camballón de Vila de Cruces e o IES Carlos Casares de Vigo.

López Abella indicou que a Xunta quixo implicar á mocidade galega na procura da igualdade real entre homes e mulleres e á erradicación da violencia de xénero, nun ámbito tan importante como é a educación en Igualdade, a coeducación para acadar unha sociedade máis igualitaria, e rematou sinalando que temos que seguir avanzando na configuración dun modelo educativo baseado na coeducación na que o respecto, a liberdade e a igualdade son tres dos piares básicos.

19 de abril de 2018 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.