publicidade hoxe

A Xunta destaca o labor da Fundación ONCE do can guía en prol da autonomía das persoas con deficiencia visual

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaGalicia exteriorPortada dereita
A-
A+
Arturo Parrado e Fabiola García na visita ás instalacións en Boadilla del MOnte

Arturo Parrado e Fabiola García na visita ás instalacións en Boadilla del MOnte

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, e a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García, realizaron hoxe unha visita ás instalacións da Fundación ONCE do can guía sitas en Boadilla del Monte (Madrid).

O seu obxectivo é criar e adestrar cans guía para persoas con cegueira ou deficiencia visual grave e contribuír así á mellora da súa autonomía e á seguridade dos seus desprazamentos. A Fundación presta os seus servizos a persoas con discapacidade visual de toda España, en virtude da colaboración concertada coa ONCE, que ofrece o can guía como un servizo social gratuíto para aquelas persoas que o soliciten e que sexan aptas para recibir esta axuda á mobilidade.

Ambos directores xerais realizaron un percorrido polo centro de cría e adestramento ubicado en Madrid no que coñeceron de primeira man as actividades que alí se realizan. Estas instalacións albergan os cans, as dependencias administrativas e unha residencia para acoller aos solicitantes de can guía durante o curso de formación.

Parrado e García destacaron o importante labor que realiza a Fundación en prol da autonomía persoal das persoas con deficiencia visual, así como o da ONCE na consecución da integración e da igualdade de oportunidades para este colectivo.

4 de abril de 2018 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.