publicidade hoxe

A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello de Campo Lameiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCampo LameiroLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Pontevedra veñen de esclarecer un incendio producido no concello pontevedrés de Campo Lameiro.

Os axentes procederon á investigación dunha persoa como presunta autora dun incendio forestal ocorrido este luns na parroquia de Couso, no concello de Campolameiro, por mor dunha neglixencia provocada por un escape de queima de restos forestais, e que afectou a 0,25 hectáreas de superficie arborada.

Na investigación e na posterior inspección ocular do incendio contouse coa activa colaboración dos Axentes Facultativos Medioambientais da Brigada de Investigación de Incendios Forestais

No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigada, un total de 13 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

26 de abril de 2018 | 16:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.