publicidade hoxe

A APLU celebrará a finais de maio o seu cuarto congreso de disciplina urbanística

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de convocar o IV Congreso da Axencia de Protección da legalidade Urbanística (APLU), que se celebrará en Santiago de Compostela os vindeiros 28, 29 e 30 de maio baixo o lema Disciplina urbanística: Cuestións de actualidade a debate.

Todas as persoas interesadas poden inscribirse desde hoxe no congreso, que contará entre os seus ponentes con recoñecidos relatores no ámbito do dereito urbanístico e da ordenación do territorio.

Na liña das edicións anteriores, o obxectivo do evento será servir de punto de encontro para analizar temas de máxima actualidade desde unha perspectiva multidisciplinar e integradora e no que relatores e participantes poderán intercambiar problemas e inquedanzas sobre un ámbito tan complexo como o do urbanismo.

Así, nesta cuarta edición abordaranse, entre outros temas de relevancia para o sector, a interrelación do urbanismo co medio ambiente e, particularmente, o seu papel fronte ao cambio climático.

O prazo de matrícula permanecerá aberto ata ás 15.00 horas do 18 de maio ou ata cubrir as prazas dispoñibles, limitadas por cuestións de aforo a aproximadamente 650 persoas. Para formalizar a inscrición e obter máis información pode consultarse a páxina web da APLU.

4 de abril de 2018 | 16:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.