publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Agasp acolle o curso de especialización en Policía Xudicial para 120 axentes da Policía Nacional da nosa comunidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

Hoxe da comezo na Academia Galega de Seguridade Pública o curso de especialización en Policía Xudicial dirixido aos axentes do corpo da Policía Nacional destinados na nosa comunidade, concretamente 120 funcionarios e funcionarias das escalas executiva, de subinspección e básica destinados nas diferentes Comisarías do Corpo Nacional de Policía (CNP) en Galicia.

Esta mañá, o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, inaugurou as xornadas de Policía Xudicial, xunto co delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva. No acto tamén participarán o Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes, e o Xefe Superior da Policía Nacional en Galicia, Manuel Vázquez.
Este Curso está programado polo Centro de Estudios Xurídicos do Ministerio de Xustiza (CEJ) e coordinado pola División de Formación e Perfeccionamento da Policía Nacional, en colaboración coa Xefatura Superior de Policía de Galicia, e forma parte da especialización esixida para o desenrolo de funcións en Grupos de Policía Xudicial que se establece na Lei Orgánica de Forzas e Corpos de Seguridade así como no Real Decreto 769/1987 sobre regulación de Policía Xudicial.

Os obxectivos deste curso enmárcanse nun mellor coñecemento dos tipos delitivos de maior transcendencia, así como a abordaxe de cuestións relacionadas coa utilización dos medios de investigación, buscando acadar unha mellor coordinación que, necesariamente repercutirá nunha mellora no eficacia do traballo policial dentro do proceso penal. Así, os diferentes poñentes que durante estes días van a tratar cuestións tan importantes como a cadea de custodia ou a proba no proceso, e novidosas polas recentes reformas legais por exemplo no que se refire aos medios de investigación, serán Fiscais, Letrados da Administración de Xustiza e Médicos Forenses que exercen as súas funcións en Galicia.

O último curso descentralizado de Policía Xudicial que se celebrou en Galicia foi no ano 2008, e esta é a primeira vez que a Academia Galega de Seguridade Pública acolle como sede a súa realización, un paso máis no marco do Convenio de colaboración entre o Ministerio do Interior e a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, para la colaboración en materia de formación e actualización do persoal dos Corpos de Seguridade do Estado destinados na Comunidade Autónoma de Galicia asinado no ano 2015, pioneiro a nivel nacional e no que ano a ano se van dando pasos adiante.

9 de abril de 2018 | 16:33 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario