publicidade hoxe

Xunta e Goberno central achegaron 6,5 millóns de euros para impulsar 300 actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas de Ribadeo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoRibadeo
A-
A+

A Xunta e o Goberno central destinaron máis de 6,5 millóns de euros para impulsar preto de 300 actuacións de rehabilitación de vivendas en Ribadeo a través das dúas áreas de rehabilitación integral declaradas neste municipio, en concreto, no casco histórico e na localidade de Rinlo.

Así o explicou esta mañá o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen fixo balance dos recursos económicos que o Goberno galego, en colaboración co Ministerio de Fomento, destinan a axudas para a mellora de inmobles -edificios ou vivendas- emprazados nestes espazos emblemáticos de Ribadeo, así como actuacións de urbanización.

Ari casco histórico

A área de rehabilitación do casco histórico da vila de Ribadeo foi declarada en 2001. Ao abeiro da mesma asináronse 12 convenios, con inicio o 3 de outubro de 2002, e remate o 31 de decembro de 2019. Ata o momento, leváronse a cabo 228 actuacións, cun orzamento executado de 5.777.066,25 euros, subvencionados pola Xunta e o Ministerio de Fomento.

No último acordo, asinado o 26 de outubro de 2017, programouse a rehabilitación de seis vivendas cunha achega de máis de 45.000 euros e 12.000 euros adicionais para obras de urbanización.

Ari Rinlo

Pola súa banda, a área de rehabilitación integral do Núcleo de Rinlo foi declarada en 2009. Asináronse 5 Convenios, con inicio o 22 de febreiro de 2010, e remate o 31 de decembro de 2019. Ata o momento leváronse a cabo 46 actuacións, cun orzamento executado de 817.158 euros

No último acordo asinado o 26 de outubro de 2017, programouse a rehabilitación de dúas vivendas, por valor de 13.500 euros, e 4.000 euros adicionais para urbanización.

Solicitudes na oficina municipal de rehabilitación
A Xunta de Galicia e o Goberno central achegan os recursos económicos para outorgar estas axudas, mentres que o Concello é a entidade encargada de tramitar as mesmas a través da oficina municipal de rehabilitación.

28 de marzo de 2018 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.