publicidade hoxe

Unha conferencia afondará na figura do fotógrafo Ksado no Museo do Pobo Galego

O fotohistoriador Carlos Castelao impartirá este martes día 20 ás 19:00 no Museo do Pobo Galego a conferencia “A creatividade artística na obra do fotógrafo Ksado”, dentro do programa de actividades organizado pola área de Cultura da Deputación da Coruña no marco da 13 edición do premio de creación fotográfica Luís Ksado.

Nun Museo do Pobo galego que acolle até o vindeiro día 8 de abril a exposición do 13 Premio de creación fotográfica Luís Ksado na primeira cita da súa itinerancia desenvolverase este martes dia 20 “A creatividades artística na obra do fotografo Ksado” de Carlos Castelao.

Residente en Compostela desde hai case 30 anos, cidade sobre a que xiran a meirande parte das súas investigacións e traballos, Carlos Castelao está a desenvolver na actualidade unha publicación sobre a fotografía galega de estudio no século XIX que proximamente verá a luz. Entre as súas principias publicacións destacan, “Ksado. Santiago de Compostela” (Cercle Cartòfil de Catalunya, 2008), “Estudo das tarxetas postais no contexto da Exposición Rexional Galega de 1909”, con Fuco Sanjiao Otero (Museo do Pobo Galego, 2010), “María Cardarelly, un lóstrego na fotografía galega” (Fundación Rosalía de Castro, 2017) ou “Escenas de un escalatorres. Los Puertollano y la cartofilia” (CCC, 2018).

A exposición que estará aberta no Museo do Pobo Galego até o vindeiro día 8 de abril acolle a colección “Mascaritas. Entroido solitario” de Xoán Crespo que foi a gañadora do primeiro premio ademais de “Entre caladas” de Manuel Touza, , “Ice guy” Manuel Valcárcel, “A persistencia do deserto” de Fuco Reyes, “Paradiso” de Carmen Aguado, “Éxodo cristián de Irán” de José Manuel López e “After the quake” de Noela Roibas que foron finalistas na mesma convocatoria.

Horario:

De martes a sábado, 10:30-14:00 e 16:00-19:30

Domingos e festivos, 11:00-14:00

19 de marzo de 2018 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.