publicidade hoxe

Un cento de estudantes de todo o mundo percorren estes días o Camiño de Santiago para promover o diálogo intercultural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+
Estudantes que están a percorrer o Camiño de Santiago

Estudantes que están a percorrer o Camiño de Santiago

Máis dun centenar de estudantes de 19 universidades de diferentes países de Europa, América, África e Asia están a percorrer estes días o Camiño de Santiago como parte da súa formación práctica en dereitos humanos, turismo e diálogo intercultural. Trátase dos participantes do foro internacional universitario O valor dos dereitos humanos no Camiño de Santiago que organiza a Organización Mundial del Turismo (OMT), o Grupo Compostela de Universidades (GCU) e a ONG Helsinqui España, e que culminará con xornadas e relatorios en Santiago de Compostela este venres.

Despois de estudar os principios e requisitos clave para o desenvolvemento do turismo sustentable, así como os principios éticos e de responsabilidade no Camiño de Santiago, os alumnos atópanse esta semana na súa fase práctica percorrendo a ruta xacobea. Divididos en catro grupos e aloxándose en establecementos da Rede Pública de Albergues da Xunta de Galicia, percorren a pé durante esta semana unha distancia de 100 quilómetros do Camiño Francés, o Camiño Portugués, o Camiño do Norte e a Vía da Prata coa intención de promover o diálogo intercultural.

20 de marzo de 2018 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.