publicidade hoxe

Román Rodríguez celebra o Día da Narración Oral e da Poesía co alumnado do IES Xelmírez I de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Román Rodríguez na visita ao IES Xelmírez

Román Rodríguez na visita ao IES Xelmírez I

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebrou hoxe o Día Internacional da Narración Oral e mais o Día da Poesía, que se conmemora mañá, co alumnado do IES Xelmírez I de Santiago. Neste acto, o conselleiro Román Rodríguez destacou a rica tradición oral de Galicia, que axudou a construír a identidade e cultura galegas, transmitida de xeración en xeración.
Así mesmo, tamén lembrou a importancia de reivindicar a poesía en galego e instou os mozos e mozas a ler e escribir poesía, posto que os axudará a desenvolverse, desde idades temperáns, no campo afectivo e das emocións.

Calendario do libro e da lectura 2018

Cómpre destacar que a Consellería celebra de xeito conxunto dúas das efemérides principais do mes de marzo do Calendario do libro e da lectura 2018. Para iso, este acto contou coa participación de dúas recoñecidas escritoras e poetas galegas como son María Lado e Lucía Aldao, que presentaron un espectáculo poético-musical para rapaces e rapazas de educación secundaria.

Ademais, ámbalas dúas artistas participarán, co apoio da Xunta, na programación de actividades da Feira Internacional do Libro de Buenos Aires, entre as que se inclúen iniciativas específicas vinculadas coa narración oral.
Na celebración tamén participou o director do instituto, Manuel Portas; e contou coa asistencia do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

Recitais cheos de humor e música

Lucía Aldao e María Lado compoñen o dúo Aldaolado, que ofrece recitais nos que se une a lectura de poemas propios, humor e música en directo, con importante participación do público. Deste xeito, e acompañadas dunha guitarra, as dúas escritoras póñenlle música e humor ás súas experiencias como poetas e aos seus primeiros pasos no mundo literario. As reflexións en clave cómica dan paso a poemas propios e cancións, no marco dun espectáculo de grande interacción co público.

20 de marzo de 2018 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.