publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Sergas nomea xerente da EOXI de Ourense a Julio García Comesaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseOurensePortada dereita
A-
A+

O Sergas acaba de nomear a Julio García Comesaña para desempeñar o posto de xerente na Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Ourense, en substitución de Dionisio López Bellido.

Neste relevo, o Sergas intensifica a súa aposta pola innovación na xestión, e pola Eoxi de Ourense como un dos principais polos de referencia para a investigación sanitaria no desenvolvemento de proxectos de I+D+i. García Comesaña, que ata o de agora desempeñaba o posto de director de Recursos Asistenciais na Eoxi de Vigo, conta cunha ampla traxectoria profesional na que ten participado en distintos proxectos de innovación xa implantados no Sergas.

Julio García Comesaña é licenciado en Ciencias Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciado sanitario especialista en Radiofísica Hospitalaria. Máster en Administración sanitaria ten desempeñado distintos cargos de responsabilidade no Sergas desde os que participou en distintos proxectos asistenciais de marcado carácter tecnolóxico e innovador dentro dos programas de Innovasaude e Hospital 2050. Desde a dirección do Complexo Hospitalario de Vigo participou na reordenación da área sanitaria de Vigo que se desenvolveu nos últimos anos.

O Sergas quere agradecer a Dionisio López Bellido e ao seu equipo a súa implicación e o traballo realizado na súa etapa á fronte da Eoxi de Ourense.

8 de marzo de 2018 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.