publicidade hoxe

O goberno vigués arrancará en xuño as obras de cubrición do patio do colexio do Rocío

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

Abel Caballero avanzou esta mañá que en xuño comezarán as obras de cubrición do patio do Rocío, ao tempo que tamén está previsto acometer as do Carballal e as do Canicouva. Deste xeito, o Concello, que xa recibiu 15 peticións, atende unha demanda competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

O alcalde participou esta mañá no colexio do Rocío nunha iniciativa chamada Contos na Lareira, con alumnos de infantil e primaria. Aproveitando a visita ao centro, o rexedor referiuse á obra de cubrición do patio que o Concello vai iniciar no mes de xuño, tan pronto remate o período escolar. Aos 275.000 euros deste proxecto hai que sumar outro medio millón para cubrir os patios dos centros Canicouva e Carballal. Ademais, detallou, o orzamento de 2018 recolle outro medio millón de euros con este obxectivo, unha cantidade que se vai a incrementar a cargo do superávit.

Caballero explicou que o Concello recibiu a petición de 15 centros que solicitan cubrir o seu patio de xogos o que suporá un importe de entre 5 e 6 millóns. Unha vez máis, asegurou, a Xunta non asume as súas competencias e será o Concello o que acometa estas melloras, coa incorporación de varias destas solicitudes este mesmo ano.

19 de marzo de 2018 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.