publicidade hoxe

O 98% do alumnado de cuarto de infantil obtivo praza no centro educativo escollido en primeira opción

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

O 97,67% do alumnado que solicitou praza en 4º de educación infantil – 3 anos- nos centros educativos sostidos con fondos públicos nas 4 provincias galegas para o vindeiro ano académico 2018/19 obtívoa no colexio escollido como primeira opción. Este ano recibíronse en toda Galicia un total de 17.322 solicitudes para ese curso, 1001 menos ca no anterior; polo que resulta suficiente a ampla oferta de prazas deste curso de infantil que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a disposición das familias galegas, un total de 27.502. Dentro do mencionado colectivo de alumnado de 3 anos, tan só un 2,33 % non acadou unha praza no centro de primeira escolla. Para esta pequena porcentaxe, as prazas serán asignadas pola comisión de escolarización de cada zona, atendendo aos seguintes centros da preferencia marcada na solicitude de admisión.

Cómpre sinalar, ademais, que a caída da natalidade nos últimos anos en Galicia está a redundar nunha menor entrada de rapaces no sistema educativo cada ano. Non en balde, desde 2008 -ano ata o que os nacementos se foron incrementando- o número de nados vai diminuíndo: desde os 23.175 dese 2008 ata os 19.062 do 2016 (últimos datos do Instituto Galego de Estatística).

22 de marzo de 2018 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.