publicidade hoxe

O 061-Galicia asistiu a 86 persoas por 56 accidentes de circulación na fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaSucesos
A-
A+

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 86 persoas debido a 56 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 2 de marzo ata as 23:59 horas do domingo, 4 de marzo. Os días que rexistraron máis incidentes foron o venres e o sábado con 19 accidentes ambos os dous.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 71 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 56 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 86 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 47 % e do 53 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 32 % dos atendidos tiña entre os 35 e os 49 anos.

Por provincias, A Coruña e Pontevedra foron as que rexistraron máis accidentes con 21 sinistros de tráfico respectivamente durante os desprazamentos destas datas.

A Coruña: 21
Lugo: 9
Ourense: 5
Pontevedra: 21
Total Galicia: 56

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 75. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en tres sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu nun accidente, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 59 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en oito accidentes. As ambulancias convencionais acudiron en catro sinistro.

En 78 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en sete ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa resultou falecida no punto.

5 de marzo de 2018 | 16:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.