publicidade hoxe

O 061-Galicia asistiu a 84 persoas por 61 accidentes de circulación na fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 84 persoas debido a 61 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 23 de marzo ata as 23:59 horas do domingo, 25 de marzo. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 24 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 69 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 61 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 84 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 49 % e do 51 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 33 % dos atendidos tiña entre os 25 e os 39 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 25 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

A Coruña: 17
Lugo: 10
Ourense: 9
Pontevedra: 25
Total Galicia: 61

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 80. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en catro sinistros, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 65 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en tres ocasións.

En 80 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en catro ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

26 de marzo de 2018 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.