publicidade hoxe

Medio Rural visita as actuacións das obras previstas no Plan Marco 2018-2019 no concello de Meis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMeis
A-
A+

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá as actas de inicio das obras do Plan Marco 2018-2019 de mellora do camiño rural de Arosa, Guimeráns e Talide en Meis, onde a Xunta de Galicia ten previsto investir 68.300 euros.

Na visita estivo acompañado polo alcalde do municipio, José Luis Pérez, e polo xefe territorial de Medio Rural en Pontevedra, Antonio Crespo.

A obra consistiu na mellora do firme do camiño que une os lugares de Arosa-Guimeráns e Talide, xa no concello de Meis. En total, prevese levar a cabo unha intervención ao longo de 1.120 metros, cun ancho medio de firme de cinco metros e unha superficie total de 5.600 metros cadrados.

Os traballos de mellora que se levarán a cabo en a regulación e afirmado con aglomerado en quente e o seu correspondente sinalización horizontal e vertical do camiño

Segundo apuntou José Manuel Cores Tourís, o Plan Marco ten como “obxectivo ampliar, mellorar ou manter os camiños de titularidade municipal que faciliten o acceso dos agricultores e gandeiros as súas parcelas”. Deste xeito, facilitarase a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais incluíndo tanto actuacións que supoñan un incremento da largura da vía, o reforzo do firme e terrapléns ou a limpeza das marxes. Quedan excluídas, en cambio, as actuacións en rúas interiores, dentro dos núcleos de poboación.

Por outra banda, hoxe tamén se realizaron as actas de inicio dos traballos do Plan Marco nos concellos de Meaño e Ribadumia. Deste xeito, no primeiro concello destinaranse 52.322 euros para a mellora de tres camiños que contan cun total de case 700 metros, un en Tanoira-Padrenda, outro en Paradela-Norese e o último en Broullón Xil. En Ribadumia melloraranse outros tres camiños de 565 metros de lonxitude, o de Villaverde, o de Sucasa e finalmente, o de Conchidos, por un total de 55.566 euros.

En total, para a provincia de Pontevedra, o investimento do Plan Marco ascenderá no presente ano a algo máis de 3,2 millóns de euros.

6 de marzo de 2018 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.