publicidade hoxe

Medio Rural destinou máis de 180.000 euros nos últimos tres anos ao concello de Maceda para mellorar os camiños municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMacedaOurense
A-
A+
Ángeles Vázquez na reunión co alcalde de Maceda

Ángeles Vázquez na reunión co alcalde de Maceda

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu ao alcalde de Maceda, Rubén Quintáns, para analizar a situación actual deste municipio ourensán en canto ao acondicionamento dos camiños de titularidade municipal, que redundan nunha mellora da calidade de vida dos veciños.

A conselleira salientou que nos últimos tres anos a partida orzamentaria destinada a este concello dentro do Plan Marco de mellora de camiños foi de 187.527 euros, sendo a contía para este ano de 58.644 euros. Grazas a este programa, destacou a titular de Medio Rural, mellóranse as vías de comunicación que dan acceso ás 30.000 entidades nas que se asentan as vivendas da poboación rural e que supoñen as canles de saída das producións rurais (desde o leite ata a artesanía) e de entrada que os negocios rurais precisan.

5 de marzo de 2018 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.