publicidade hoxe

Medio Ambiente reúne á mesa sectorial do sector agrícola, forestal e gandeiro para a elaboración da estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio celebra hoxe a primeira das seis mesas sectoriais de traballo para avanzar na elaboración da Estratexia de Cambio Climático e Enerxía 2050, que será o instrumento planificador da Xunta de Galicia para o desenvolvemento das grandes liñas de actuación na loita fronte ao cambio climatico. Así hoxe mesmo celebrouse na sede do Mupega unha mesa sobre as incidencias deste fenómeno mundial no sector agrícola, forestal e gandeiro.

O obxectivo de cada mesa é presentar unha diagnose de situación do cambio climático en Galicia e recompilar suxestións de todos os sectores afectados por este fenómeno, coa finalidade de desenvolver analizar cada un dos bloques de actuación en cambio climático.

A convocatoria destas mesas búscase obter toda a información susceptible de ser incluída no documento que poida ser aportada a nivel institucional (consellerías, concellos, universidades, …) ou a niveis máis específicos (centros de investigación, empresas, asociacións…).

A celebración destes encontros sectoriais da continuidade ao traballo iniciado o pasado ano, coa presentación do inicio dos traballos de redacción da estratexia, no que se invitou á sociedade galega de cara a incluír a maior parte de inquedanzas dos diferentes sectores en relación ao cambio climático, nun marco eminentemente participativo.

13 de marzo de 2018 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.