publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente pon en común os datos sobre a mortalidade do salmón no ríos Ulla e Tea cos implicados nun proxecto de investigación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio está a colaborar nun estudo sobre a supervivencia dos salmóns nos ríos Ulla e Tea, desde que deciden abandonar o río ata que chegan ao mar. Os técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Natural coordinaron a terceira reunión dos distintos equipos que participan e colaboran neste proxecto, impulsado pola Organización de Conservación do Salmón no Atlántico Norte (NASCO), á que pertence España por convenio dende 1986, e que está a investigar a supervivencia desta especie na súa fase mariña.

Neste proxecto participan organismos de cinco países (Irlanda, Reino Unido, Dinamarca, Suecia e España) que recopilan e comparten información sobre o comportamento desta especie nos ríos Erriff, Bush (Irlanda), Tamar (Inglaterra), Skjern (Dinamarca), Ulla e Tea (Galicia), e segundo os datos obtidos confirmase que a mortalidade dos esguíns, cando deixan o río, resulta significativa na maioría das localizacións estudadas.

O equipo de traballo galego sinala que ata o momento só se teñen datos correspondentes unicamente a un ano e sobre todo dun período, o 2017, que resultou típico pola seca experimentada en toda Europa e que polo tanto é recomendable esperar á finalización do proxecto para extraer conclusións máis precisas.

Desde a Dirección Xeral de Patrimonio Natural sinálase que a importancia destes traballos radica no descoñecemento actual da mortalidade dos esguíns de salmón producida nos ríos, estuarios e rías, sobre todo cando se sospeita que esta fase resulta crucial no ciclo vital do salmón e polo tanto na súa xestión como recurso renovable. O resultado dos estudos iniciados en 2017, e que finalizaran en 2019, servirán para apoiar o futuro manexo e a conservación das poboacións silvestres de este valioso peixe.

6 de marzo de 2018 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.