publicidade hoxe

Medio Ambiente analizará a inclusión de varios proxectos do concello de Culleredo na futura infraestrutura verde da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCulleredoLocal Portada
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Culleredo. Foto: M. Fuentes

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Culleredo. Foto: M. Fuentes

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio estudará a posibilidade de incluír algúns dos proxectos de carácter ambiental nos que traballa o Concello de Culleredo dentro da futura Infraestrutura Verde da Coruña, unha iniciativa pioneira en Galicia e que busca deseñar instrumentos de ordenación integral desta área xeográfica desde un punto de vista medioambiental.

Durante unha reunión celebrada esta mañá, o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, presentoulle á conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, unha serie de proxectos municipais que se financiarán a través da chamada Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible (DUSI). Segundo lle explicou á conselleira, algunhas destas iniciativas poderían integrarse no deseño da futura Infraestrutura Verde da Coruña na que está a traballar a consellería desde finais do ano pasado, uns traballos nos que o departamento autonómico quere contar coa participación activa de todos os concellos incluídos na área coruñesa.

5 de marzo de 2018 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.