publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Mario Franco presenta na Estrada o seu libro “A Volta e outros relatos”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocal Portada
A-
A+

cartel a voltaO Museo do Moble e da Madeira da Estrada (MOME) acolle este venres 23 de marzo, ás 20.00 h, a presentación de “A Volta e outros relatos”, da autoría de Mario Franco e publicada por Edicións Fervenza.

No acto, que estará aberto ao público ata completar aforo, o autor estará acompañado do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; do profesor e escritor, Carlos Loureiro; do profesor e escritor, Xosé Luna; e do alcalde da Estrada, José López.

A obra 

A Volta e Outros Relatos é quizais a obra máis xenuinamente galega do autor. Nela reflicte a nosa terra e as súas xentes dende o principio ata o final. Todas as narracións desenrólanse a principios de século vinte e abarcan diversos escenarios e protagonistas. Dende “A Volta” ata “Homes de Mar”, os protagonistas son xente do campo, xente das vilas, xentes do mar, cregos, avogados, médicos, etc. É un mosaico de xentes e escenarios que se mostran ao través de múltiples tramas e situacións, que fan vivir aos personaxes, e transmiten ao lector emocións, recordos e cousas que, aínda que moitos non as vivisen, terán coñecido polos seus antepasados que si as viviron, ou souberon de primeira man, como eran aqueles tempos. 

Colaboracións 

Esta publicación, editada por Edicións Fervenza, contou coa colaboración da secretaría xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o Concello da Estrada. 

O autor 

Mario Franco Rodríguez naceu en Santiago de Compostela, en 1934, e dende hai anos reside na parroquia de Rubín, no Concello da Estrada. 

Comezou a escribir no ano 2004, xa xubilado, e publicou a súa primeira novela Terranova–Memorias dun mariñeiro, baseada nas súas experiencias como tripulante dun buque bacallaeiro. No ano 2007 presentou ao VI Certame Avilés de Taramancos de Relatos de Aventura A Derradeira campaña do Capitán Samuel, tamén baseada no mesmo tema mariñeiro e conseguiu o premio por maioría. E no ano seguinte 2008 volveu presentar ao mesmo certame na súa VII edición, A Capela Maldita baseada nun tema completamente distinto, e volveu obter o premio por unanimidade. Foi o único escritor que acadou dito galardón dous anos consecutivos. Todas foran publicadas en galego, idioma que emprega en todos os seus escritos. 

No ano 2013 publicou A Liberdade Perigosa baseada nas súas experiencias como emigrante en Venezuela na década dos anos sesenta. Esta obra foi publicada en galego e castelán, traducida polo mesmo autor.

21 de marzo de 2018 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.