publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Máis dun centenar de axentes e técnicos do operativo de extinción de incendios participan en Lugo nunha xornada formativa sobre grandes lumes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoLugoPortada dereita
A-
A+
Xornada técnica

Xornada técnica

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, inaugurou a Xornada técnica sobre grandes lumes que se celebra na Delegación Territorial e na que participan máis dun centenar de axentes e técnicos do operativo de prevención e extinción de incendios.

Balseiro explicou que o obxectivo desta xornada “é aprender da nosa propia experiencia e detectar acertos e erros a diferentes niveis de coordinación experimentados durante a extinción de grandes incendios”, nos que se precisa dun ataque ampliado que con frecuencia integra a diferentes organizacións implicadas na seguridade cidadán.

Esta xornada celebrarase nas catro provincias e dará lugar a un documento de conclusións con medidas correctoras que poidan contribuír a unha mellor eficacia na extinción dos grandes lumes, que se fará chegar a todo o persoal implicado na loita contra os incendios forestais.

22 de marzo de 2018 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.