publicidade hoxe

López Abella indica a importancia de fomentar e impulsar a visibilidade das mulleres rurais para o acceso ao mercado laboral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella indicou hoxe que para mellorar a situación das mulleres rurais é fundamental entender o seu valor, fomentar a súa visibilidade e impulsar unha igualdade real de oportunidades en materia de acceso e condicións de emprego, impulsar a súa capacidade para emprender e promover condicións que faciliten a conciliación da vida persoal, familiar e laboral nun escenario de corresponsabilidade entre mulleres e homes.

Susana López Abella participou na clausura da Xornada organizada por Mulles de SEU da Cooperativa Lácteas Unidas (CLUN) “Un paso adiante”,con motivo do Día Internacional da Muller, cuxa finalidade é promover e impulsar a participación nos postos de decisión das mulleres socias das cooperativas Os Irmandiños, Melisanto e Feiraco.

As mulleres no medio rural xogan un papel fundamental, pois levan a cabo funcións produtivas, sociais, culturais e medioambientais. Son un dos alicerces esenciais no desenvolvemento sostible do medio rural e de contribución a súa valorización. Acadar o recoñecemento social, económico e institucional que merecen as mulleres do rural é unha prioridade na nosa Comunidade Autónoma. Reducindo a fenda de xénero existente no emprego e no emprendemento, promovendo a conciliación e a promoción da incorporación de mulleres nos órganos e postos de decisión e participación rurais. Só así será posible mellorar a calidade de vida das mulleres rurais e potenciar un desenvolvemento sostible e equitativo do noso rural, rematou López Abella.

8 de marzo de 2018 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.