publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Licítase a redacción do proxecto de mellora da estrada AC-862, no treito entre a a autovía Ferrol – Vilalba e Ponte Mera

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal PortadaVilalba
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación da redacción do proxecto de construción para a mellora da capacidade e seguridade da estrada AC-862, no treito entre a autovía Ferrol- Vilalba (AG-64) e Ponte Mera.

Esta actuación, cun orzamento duns 10 millóns de euros, está enmarcada no conxunto de proxectos a curto prazo nos que está a traballar a Xunta para mellorar as estradas que conectan as bisbarras de Ferrol, Eume, Ortegal e A Mariña Lucense.

No caso da estrada AC-862, trátase da mellora dos 27 km que unen a Autovía Ferrol – Vilalba con Ortigueira, unha actuación que, entre outras revisións, recollerá a rectificación de 13 curvas e incrementará en 6,5 km os terceiros carrís, aumentando a actual posibilidade de adiantamento seguro nun 120 %. En total, os terceiros carrís sumarán unha lonxitude de 12 km entre a AG-64 e Ponte Mera.

As empresas interesadas na realización deste contrato, cun prazo de execución 18 meses e un importe de máis de 180.000 euros, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 22 de marzo. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información: https://goo.gl/GUgfcj

No marco destas actuacións máis inmediatas para a mellora das comunicacións nestas comarcas, a Xunta tamén está a traballar en proxectos como a mellora da estrada do Porto de Bares, cun orzamento de 1,3 M€; ou a adaptación da estrada de Valdoviño a Cedeira, mediante terceiros carrís e rectificación de curvas, unha actuación obxecto de conversas cos Concellos e os veciños.

7 de marzo de 2018 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.