publicidade hoxe

Licítanse as obras de mellora da eficiencia enerxética de 79 vivendas de promoción pública en Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraPontevedra
A-
A+

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras de mellora da eficiencia enerxética de 79 vivendas de promoción pública emprazadas en Pontevedra, cun investimento de 578.003,64 euros.

As empresas interesadas en concorrer á licitación dispoñen de 26 días para a presentación de ofertas, é dicir, ata o vindeiro 3 de abril. No seguinte enlace ao DOG, máis información: https://goo.gl/VqcqFL

As obras, que consistirán no illamento térmico do edificio polo exterior para mellorar a súa eficiencia térmica e, polo tanto, incrementar o rendemento do consumo enerxético realizado nas mesmas, realizaranse nas vivendas emprazadas en Monteporreiro, na rúa Bélxica número 2, 4, 6, 8A e 8B, en Pontevedra.

As obras están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. O prazo de execución das obras será de catro meses dende o inicio das mesmas.

O Goberno galego ten en marcha un programa de mellora da eficiencia enerxética de vivendas de promoción pública, no marco do cal se están a realizar actuacións en Vigo, Santiago de Compostela, Becerreá ou Cerdido, cun investimento total que supera os 3,3 millóns de euros.

8 de marzo de 2018 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.