publicidade hoxe

Francisco Conde asegura que a formación de directivos mellora a calidade do tecido empresarial e a súa capacidade de éxito

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Francisco Conde na presentación do programa

Francisco Conde na presentación do programa

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asegurou hoxe en Santiago de Compostela que a formación de directivos mellora a calidade do tecido empresarial e a súa capacidade de éxito, durante a presentación do programa Directivos por un día, organizado pola Asociación Española de Directivos e a Fundación Junior Achievement.

Conde agradeceu a ambas entidades que nesta segunda edición da iniciativa conten con Galicia para que varios universitarios de entre 18 e 25 anos teñan a oportunidade de compartir un día de traballo con altos executivos e coñecer, así, o seu labor diario, a súa axenda e obter unha visión da xestión desde dentro que complemente o aprendido a través de manuais e das explicacións do profesorado: “Desde o punto de vista formativo é unha experiencia única e unha oportunidade para espertar o talento”, asegurou o conselleiro.

Tamén puxo en valor a importancia da formación, en todos os ámbitos, para avanzar na transformación económica actual. En concreto, no eido dos directivos, salientou que unha mellor formación outorgará maior capacidade para contar con bos directivos e empresas mellor xestionadas para acadar o éxito. Unha formación na que, ademais dos contidos, adquire relevancia a posibilidade de levalos á práctica a través de programas como o que hoxe se presentou, ou profundar en aspectos como os valores ou a RSE: “Precisamos que o liderado empresarial leve a que a senda económica e industrial siga medrando”, sentenciou.

Conde defendeu a necesaria colaboración público privada para dar resposta aos retos globais da nosa economía. Neste sentido agradeceu este tipo de actividades que veñen a sumar ao traballo realizado pola Administración e as universidades.

14 de marzo de 2018 | 13:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.