publicidade hoxe

Fabiola García coñece de primeira man o labor e as necesidades da fundación Igualarte e de Aspanaex

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
Fabiola García na visita ao centro

Fabiola García na visita ao centro

A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Fabiola García Martínez, realizou sendas visitas ao centro ocupacional da Fundación Igualarte e ao centro de día e centro ocupacional de Aspanaex, todos eles sitos na cidade de Vigo. A titular do departamento autonómico estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves.

A directora xeral destacou o labor da Fundación Igualarte, un espazo activo onde se traballa a arte con persoas con discapacidade intelectual. O obxectivo é ofrecer formación aos usuarios de cara á profesionalización da arte. O programa parte da ensinanza global das artes escénicas ata conseguir a especialización nalgunha das áreas artísticas, potenciando así as habilidades individuais e sociais de cada persoas. Fabiola García trasladou o apoio da Xunta de Galicia á entidade, que neste 2018 achega 84.334 euros para a reserva e ocupación de 12 prazas concertadas no centro visitado hoxe.

Tras a visita a Igualarte, a titular do departamento autonómico desprazouse á Asociación en favor das persoas con discapacidade intelectual (Aspanaex), entidade que tamén traballa no ámbito da discapacidade intelectual. Neste caso, a directora xeral visitou o centro de día, no que a Xunta financia un total de 57 prazas por un importe de 400.486,56 euros. Nestas instalacións, os usuarios –de entre 21 e 55 anos- desenvolven as competencias necesarias para que leven a cabo o seu proxecto de vida individual que lles permita a integración persoal, social e laboral, atendendo ás dimensións de calidade, benestar emocional e físico. As actividades que levan a cabo inclúen a terapia ocupacional e as actividades de axuste persoal e social.

Fabiola García tamén acudiu ao centro de día de Aspanaex, un servizo que conleva unha serie de actuacións encamiñadas a ofrecer unha atención integral co obxectivo de acadar a máxima integración persoal e social. Para acadar esta meta, a administración autonómica mantén un concerto de 29 prazas por importe de 362.326 euros.

Cómpre destacar que ademais, a Xunta achega preto de 40.000 euros para a reserva a e ocupación de cinco prazas na vivenda tutelada da entidade, polo que neste 2018 a achega económica da Administración autonómica a Aspanaex supera os 800.000 euros.

Os orzamentos autonómicos de 2018 aumenten case un 9% os recursos dirixidos ás persoas con discapacidade, ata chegar a preto dos 103 millóns de euros. Esta maior disposición de recursos económicos permitirá consolidar a rede de prazas residencias de atención diúrna, aumentar os convenios coas entidades e federacións, mellorar a liña de axudas para a mellora da accesibilidade nos concellos e reforzar o plan de atención temperá.

7 de marzo de 2018 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.