publicidade hoxe

Esclarécese un incendio forestal no concello ourensán de Cualedro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCualedroLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica informaron hoxe do esclarecemento dun incendio forestal no concello de Cualedro.

Os axentes do grupo de Incendios da Policía Autonómica de Ourense procederon a tomar declaración como investigado a un veciño dese mesmo municipio como presunto autor dun incendio forestal ocorrido ás 20.00 horas do 22 de marzo, no lugar de Lamas.

O lume produciuse presuntamente pola queima directa da matogueira sen desbrozar existente nunha finca. Non se adoptaron as medidas de prevención necesarias nin se contaba cun permiso de queima. Arderon 0,02 hectáreas de monte raso. O Índice de Risco Diario de Incendio Forestal (IRDI) era baixo na zona.

Polos feitos instruíronse Dilixencias remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución en funcións de garda de Verín (Ourense). No que vai de ano son 11 as persoas detidas ou investigadas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais.

27 de marzo de 2018 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.