publicidade hoxe

Constitución da comisión informativa de Incendios Forestais e Emerxencias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

As comisións informativas de Cooperación, Facenda e Transparencia da Deputación de Ourense correspondentes ao mes de marzo celebraranse hoxe mércores, 14 de marzo, sendo a quenda para mañá xoves, 15 de marzo, a celebración das comisións de cultura, termalismo e igualdade, ás que se suma neste mes unha nova, a comisión informativa especial de Incendios Forestais e Emerxencias.

Tralo acordo do pleno da Deputación de Ourense do pasado mes de outubro de 2017 no que se acordou crear unha comisión informativa especial e permanente de incendios forestais e emerxencias, convócase para o día 15 de marzo, a constitución desta nova comisión informativa na que se abordará a proposta de delegación da presidencia da mesma ao deputado delegado de Cooperación e Seguimento do Plan de Mandato 2015-2019, Pablo Pérez. Outro dos asuntos a tratar na xuntanza será o informe sobre as actuacións realizadas pola Deputación de Ourense en materia de prevención e extinción de incendios.

Na comisión informativa de Cooperación, Infraestruturas e Medio Rural abordarase a proposta ao Consello da Xunta de Galicia de resolución de alegacións, resposta aos informes sectoriais, aprobación do expediente de información pública e aprobación definitiva do proxecto de trazado do acceso ao núcleo de San Vicente de Leira desde a estrada OU-0807. E, por outra parte, tratarase a expropiación forzosa para a execución da obra “acondicionamento e mellora na OU-0861”, no Concello de O Bolo.

E, na comisión informativa de Transparencia e Administración Provincial abordarase a ratificación do cambio de data de celebración do Pleno ordinario do mes de marzo para o venres, 23 de marzo de 2018.

14 de marzo de 2018 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.