publicidade hoxe

Caballero anima á participación no II Concurso Internacional de piano Cidade de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

Abel Caballero presentou esta mañá a segunda edición do Concurso Internacional de piano Cidade de Vigo. Organizado pola Asociación de Música Clásica de Galicia, o certame se desenvolverá entre o 24 e o 28 de febreiro con participantes de 31 países

O rexedor eloxiou a calidade musical do II Concurso Internacional de piano Cidade de Vigo, con grandes artistas procedentes dunha trintena de países. Entre o 24 e 0 28 de marzo se darán cita en Vigo os mellores pianistas do mundo para participar nun certame cun prestixio consolidado a pesar da súa xuventude.

O concerto inaugural será o venres 23 no Auditorio Martín Códax, a partir das 19,30 h, mentres que o 1 de abril será a queda na que actúen os membros do xurado, artistas tamén de nivel internacional. Entre o 29 e o 31 de marzo, está prevista unha Masterclass cos profesionais que xulgarán aos participantes. O Auditorio Municipal tamén acollerá unha parte deste concurso, segundo se explicou.

Caballero estivo acompañado na rolda de prensa por Pablo Galdo, director artístico del concurso e por Javier Jurado, responsable de Dos Acordes, unha das empresas patrocinadoras.

19 de marzo de 2018 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.