publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ángeles Vázquez anima aos nenos de Melide a coñecer e gozar do monte dun xeito responsable

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMelide
A-
A+
Ángeles Vázquez na xornada divulgativa en Melide

Ángeles Vázquez na xornada divulgativa en Melide

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, participou esta mañá en Melide nunha xornada divulgativa sobre a prevención e defensa contra os incendios forestais para os alumnos de educación primaria do CEIP Mestre Pastor Barral. Alí aproveitou para animar aos nenos a que coñezan o monte pero, sobre todo, gocen del dun xeito responsable.

Estas charlas informativas están coordinadas por persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra os incendios forestais e lévanse a cabo nos dezanove distritos forestais nos que se estrutura a nosa comunidade. A temática das xornadas versa sobre aspectos relacionados coa conservación da natureza, as características dos nosos montes e a prevención, defensa e extinción de incendios. As actividades planificadas para 2018 súmanse ás máis de 800 actuacións de divulgación realizadas no período 2015-2017, que chegaron a 41.249 escolares.

20 de marzo de 2018 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.