publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Alumnos do CPI Camiño de Santiago do Pino participan nunha mostra de traballos pola celebración do Día da Muller

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaO Pino
A-
A+
Ovidio Rodeiro na inaguración da mostra

Ovidio Rodeiro na inaguración da mostra

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou esta mañá na inauguración da mostra de traballos realizados polos alumnos do CPI Camiño de Santiago do Pino con motivo da celebración do Día da Muller. A exposición quedou aberta ao público na Casa da Cultura Centro Sociocultural Luís Seoane, no concello do Pino. O acto contou tamén coa presenza do alcalde, Manuel Taboada

Ovidio Rodeiro participou en calidade de xurado no comité que escolleu entre os cen traballos presentados catro que foron premiados como os máis destacados. O delegado mostrouse “impresionado polo nivel das obras que conforman a mostra” e felicitou tanto aos rapaces como aos mestres que promoveron esta actividade. “Desde a Xunta de Galicia apostamos por campañas que unan, que busquen o apoio de todos e que aglutinen o desexo de erradicar as desigualdades entre homes e mulleres”, engadiu.

O delegado territorial sinalou, por último, que “acadar a igualdade require que todos rememos xuntos na mesma dirección, buscar a confrontación non leva a ningunha parte”, e rematou convidando a todos os veciños a visitar a mostra para comprobar “os verdadeiros valores que están a desenrolar os rapaces”.

8 de marzo de 2018 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.