publicidade hoxe

Ábrese o prazo de solicitude de prazas de “Reencontros na terra” co que se achega aos maiores galegos do exterior á súa terra e ás súas familias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorPortada esquerda
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución pola que se convoca a edición deste ano do programa “Reencontros na Terra”, organizado pola Secretaría Xeral da Emigración e desenvolvido coa colaboración da Consellería de Política Social. Nesta edición de 2017, formarán parte do programa un total de 135 persoas, das que 69 prazas estarán reservadas á Arxentina, seguindo criterios de necesidades reais e das demandas constatadas nos diferentes países, 27 a Uruguai, 22 a Venezuela, 9 a Brasil, 5 a Cuba e 3 ao resto de América.

O obxectivo é permitir aos participantes redescobrir, non só as súas raíces, tanto de tipo cultural e social como familiar, senón ademais poñerse en contacto coa realidade do seu país de orixe mediante actividades que posibiliten o coñecemento da Galicia actual, o encontro coas familias, e o intercambio de experiencias co resto das e dos participantes. Aínda que todas as e todos os participantes deben ter 65 ou máis anos de idade, condición sine qua non para beneficiarse do programa, a idade media supera amplamente esta cifra. Segundo as bases hoxe publicadas no DOG, o prazo de presentación de solicitudes remata dentro de dous meses naturais, é dicir, o vindeiro 21 de maio.

Ata 45 días de estancia

O programa desenvólvese ao longo de ata 45 días, con dúas fases diferenciadas. A primeira delas consiste nunha estadía de dúas semanas, nunha das residencias da Consellería de Política Social, en réxime de pensión completa, desenvolvendo actividades recreativas e culturais axeitadas ás persoas participantes, e con excursións, en transporte colectivo, a distintos lugares para un mellor coñecemento da Galicia de hoxe en día. Inclúe unha visita a Santiago de Compostela con percorrido pola cidade monumental, e recepción institucional. Tamén realizarán visitas a outras vilas galegas.

A segunda fase consiste nunha estadía cos seus familiares de Galicia ata un máximo de 45 días. Trátase dun complemento á estadía “oficial” que supón para moitos dos beneficiarios e beneficiarias unha oportunidade única de atopar as súas raíces máis senlleiras e persoais, e redescubrir as ligazóns familiares deixadas atrás, pero non por iso esquecidas.

Residentes en América durante dez anos

Para se beneficiar do programa, o solicitante deberá acreditar ser emigrante galego e ter nacionalidade española; residir en América de xeito continuado, como mínimo, durante os dez últimos anos; ter máis de 65 anos; ser válido por si mesmo; non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e estar en condicións de realizar unha viaxe de longa duración; non ter participado nos últimos dez anos naturais en programas de viaxes da Secretaría Xeral de Emigración; ter familiares de ata cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan residir durante a súa estadía en Galicia; así como ter ingresos inferiores a tres veces o importe da pensión asistencial española por ancianidade marcada para o país de residencia (cantidade distinta á correspondente en España). Igualmente, poden beneficiarse os cónxuxes dos emigrantes galegos que cumpran algúns destes requisitos, segundo establece a orde reguladora do programa.

Para informar sobre as cuestións relativas ao programa celébranse reunións informativas previas nos diferentes países nas que participan os beneficiarios e beneficiarias e nas que intervén persoal das delegacións da Xunta ou, no seu caso, das entidades colaboradoras; os médicos acompañantes no relativo aos temas de coidado da saúde (en Arxentina e Uruguai); e persoal designado pola axencia de viaxes que resulte adxudicataria do concurso público, no tocante aos asuntos de embarque, conexións, pasaxes, etc.

Máis de douscentos maiores visitarán a comunidade

A recente apertura de prazo de solicitudes para participar no programa “Reencontros na Terra”, que ofrece a oportunidade a 80 maiores galegos de achegarse a Galicia, eleva o número total de beneficiarios destes programas a 215 galegos maiores residentes no exterior.

21 de marzo de 2018 | 14:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.