publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Abre as portas á II Feira da Enerxía no recinto feiral de Silleda que este ano conta co dobre de empresas estranxeiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada esquerdaSilleda
A-
A+
Inauguración da II Feira da Enerxía de Galicia

Inauguración da II Feira da Enerxía de Galicia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde acompañados do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís asistiron á II Feira da Enerxía de Galicia, que hoxe abriu as súas portas no Recinto Feiral de Silleda e que acollerá a 255 firmas procedentes de 15 países, o dobre de empresas estranxeiras con respecto á I edición.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda indicou que a II Feira da Enerxía de Galicia pretende ser un foro no que converxen empresas, institucións, profesionais e usuarios do sector enerxético, sendo un evento único no Noroeste peninsular, xa que se aglutinan tódolos tipos de enerxía, tanto renovable como convencional, ademais da eficiencia enerxética, a mobilidade sostible, o material e equipos para instalacións, a electrónica industrial, a iluminación ou os servizos.

Pola súa parte, o conselleiro de Economía Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou que a II Feira da Enerxía vai ser un escaparate das últimas novidades do sector e, en especial, das enerxías renovables, un dos ámbitos polo que a Xunta máis está apostando con proxectos pioneiros como o Ecobarrio de Ourense, que desenvolverá a primeira rede de xeotermia de Europa; ou co impulso ao sector eólico na Comunidade, co que se prevé crear 7000 postos de traballo ata 2020.

Conde sinalou tamén que, nestes intres, falar de enerxía é falar de aforro enerxético, respecto polo medio ambiente e economía verde, os tres obxectivos que perseguen as liñas do Goberno galego e que están recollidas nas Directrices Enerxéticas 2018-2020.

22 de marzo de 2018 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.